TRANSPORTE ESCOLAR

En Ribeira a 23 de xaneiro de 2012

Á ATENCIÓN DA EMPRESA DE TRANSPORTE DO GRUPO FERRÍN:

Moi Sres. meus:
Como pai/nai dun alumno/a do IES Leliadoura quero trasladarlles o meu malestar para co servizo de transporte escolar que a súa empresa presta no centro educativo no que estuda o meu/miña fillo/a, sobre todo desde o pasado día 16 de xaneiro.
Os motivos deste descontento son que os rapaces usuarios das liñas de Aguiño e Aguiño-Carreira teñen que esperar fóra do recinto educativo, xa que os autobuses déixanos alí ás 8:35, cando o horario de apertura do centro para o alumnado da ESO é as 8:50, tal e como se nos comunicou pola dirección do centro o pasado mes de decembro (notificación na que tamén nos dicían que dito horario lles fora comunicado á súa empresa). Ademais o alumnado destas liñas ten que coller o autobús ás 8:00 da mañá, unha hora antes do inicio das clases, cando residen en moitos casos a ton só 15’ de distancia do instituto.
Esta situación vense repetindo desde fai tempo, polo menos desde fai 10 anos, segundo se nos dixo porque eses autobuses fan logo outros servizos escolares. ¿Non poderían alternar estes servizos para que non fosen sempre os nosos fillos os prexudicados?
A maiores, moitas veces os rapaces teñen que ir de pé, co perigo que iso supón para súa seguridade. ¿Cumpre isto as normas de tráfico, especialmente as referidas a transporte escolar?
Seguro que vostedes, igual ca nós, queren ter o mellor servizo de transporte posible, polo que lles reclamamos que tomen en consideración as seguintes propostas:
–    Retrasar a hora de chegada ao IES Leliadoura dos autobuses das liñas citadas ata as 8:45.
–    Mirar de alternar os servizos que vostedes prestan para que non sempre teñan que ser os nosos fillos os que collan os buses ás 8:00 da mañá.
–    Non levar rapaces de pé en vehículos que non están preparados para elo.

Esperando que teñan en conta as nosas peticións para a satisfacción de todos,atentamente
Asdo.: …………………………………………………………………………

About anpasanroque

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Leliadoura, de Frións, en Ribeira (A Coruña).
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario