Nota Informativa ANPA IES Leliadoura Concentración 17 de outubro ás 7 da tarde

A ANPA San Roque do I.E.S. Leliadoura invita a toda a comunidade educativa (familias,alumnado e profesorado), a participar nunha concentración diante da praza do Concello de Ribeira o mércores 17 de outubro ás 19:00 horas (7 da tarde) para poñer en evidencia o que é un sistemático recorte do dereito ao ensino público nos últimos anos, dasúa calidade e da súa gratuidade.
Queremos informarvos tamén que apoiamos a folga no ensino convocada pola CEAPA (confederación de ANPAs de centros de ensino público) para o día 18 de outubro.

RECORTES
-Supresión da ESO e o Bacharelato no IES Coroso, o que supuxo a eliminación de un gran número de prazas de ensino público na nosa comarca .
-Eliminación do sistema de gratuidade dos libros de texto, ademais da conseguinte subida do IVE dun 4% ao 21% do material escolar. O actual sistema de gratuidade solidaria (do que se beneficia tan só, e parcialmente; un 70% do alumnado) resulta máis caro para a administración que o sistema de préstamo (do que se beneficiaba o 100%).
-Constátase unha redución xeneralizara de profesorado na maioría dos centros da comarca a pesar de non terse dado unha redución no número de alumnado que a xustifique.
-Non se promoven agrupamentos de alumnado con criterios pedagóxicos, senón puramente cuantitativos, como os agrupamentos “interciclos”, a través dos cales se imparten clase na mesma aula a nenos e nenas de ata tres diferentes idades e niveis.

-As reducións previstas obrigaron a interromper moitos proxectos de dinamización educativa e de mellora da calidade do ensino (bibliotecas escolares, aulas de convivencia, dinamización lingüística, TICS, etc.)limitouse e suprimiuse parte da oferta de materias optativas.
-Imposibilidade de substitución de profesorado de baixa, o cal provocará a perda de horas lectivas ao alumnado.
-Un número importante de profesorado non está traballando na súa especialidade (polo tanto podemos atopar profesores de Educación Física dando Informática, ou de Inglés dando Lingua galega), o que vai en detrimento da calidade da educación.
-Diminuirase a atención ao alumnado con necesidades educativas específicas ao verse reducido o número de profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, ademais da restrición de Adaptacións Curriculares Individualizadas para aqueles alumnos con maiores dificultades de aprendizaxe.
-Produciuse un aumento de alumnado por aula sen que se producise o aporte necesario de material. Especialmente grave é o aumento de 20 a 30 alumnos/as nos ciclos formativos sen disposición de material.
-Segundo os datos recollidos, estas reducións non afectan ao ensino concertado.

NOVA LEI DE EDUCACIÓN (LOMCE)

Estas son algunhas das medidas que propón o anteproxecto da nova lei de educación:

-Nesta lei cítanse constantemente a “competitividade” e as “necesidades dos mercados”. Así, convertese a educación nun proceso mercantil.
-Trátase dunha lei que que pon ao ensino ao servizo da empresa xa que introduce aos axente privados na definición do sistema educativo.
-Implantación de probas de avaliación a nivel nacional en puntos críticos de cada etapa educativa (3º e 6º de Primaria, 4º da ESO e ao finalizar o Bacharelato). Se non se superan ditas probas no ensino secundario, non se obterá o título de Graduado en ESO e o de Bacharelato. De non superar esta avaliación, ao alumno só lle quedará o camiño da FP Básica.
-Rómpese o tronco común do ensino obrigatorio establecendo itinerarios formativos moi cedo. En 3º da ESO os alumnos deberán escoller dúas modalidades de Matemáticas, unha encamiñada a ensinanzas académicas (Bacharelato) e outra ás ensinanzas aplicadas (FP). Isto significa que os alumnos deberán escoller moi cedo se van a cursar estudios de FP ou o Bacharelato.
-Un ensino menos democrático. O Consello Escolar (no que están representadas as familias, o profesorado, o alumnado, o persoal non docente do centro e o concello) perde atribucións e deixa de ser o órgano de goberno do centro e pasa a ser un órgano meramente consultivo.
-Poderá concertarse o ensino en centros privados que segreguen por sexos.
-Ínstase a que os centros que ofrecen o Bacharelato se especialicen nunha rama, polo que haberá moitos centros que non ofrezan todas as modalidades. Este feito terá espacial impacto nas poboacións pequenas (como as nosas), xa que algúns alumnos deberán desprazarse para estudar a modalidade que desexen .
-As referencias constante á simplificación do curriculum e a necesidade de adicar máis horas ás materias instrumentais (linguas e matemáticas), fan prever a desaparición de horas para materias como Educación Plástica, Tecnoloxía, Cultura Clásica ou Música.
-A lei foi redactada se contar coa opinión da comunidade educativa e os movementos de renovación pedagóxica.
-Se centralizan as decisións sobre os contidos e as avaliacións, perdendo poder de decisión as Comunidades Autónomas.
-Establécense máis trabas no acceso á universidade xa que, ademais da proba final do bacharelato, a nova lei permitiría ás universidades establecer procedementos de admisión específicos nalgunhas titulacións.
O dereito á educación é, lembremos, unha conquista social dos tempos recentes. De non levarmos a cabo unha defensa activa dun ensino público universal, gratuíto, democrático e de calidade podemos ver como, en pouco tempo, contribuímos á destrución dun sistema que levou moitos anos construír.

VINDEIRAS ACTIVIDADES
Concentración diante da Praza do Concello de Ribeira o mércores 17 de outubro ás 7 da tarde

About anpasanroque

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Leliadoura, de Frións, en Ribeira (A Coruña).
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s