CLUB DE LECTURA

Este xoves 15 decembro club de lectura no Ateneo ás 20:30
La nieta del señor Linh de Philipe Claudel en editorial Salamandra.
Un libro cortiño e cheo de bos sentimentos, seguro que resultara interesante.

Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

EXCURSION CORUÑA

ANPA SAN ROQUE
IES LELIADOURA
http://www.anpaleliadoura.org

EXCURSIÓN A CORUÑA: museo e patinaxe Sábado 17 decembro ás 9:00
A ANPA SAN ROQUE organiza unha viaxe a Coruña o sábado 17 de decembro para alumnos , nais, pa¡s, irmans.

Itinerario:
9:00 Saída do IES Leliadoura.
11:00 a 13:00 Pista de patinaxe sobre xeo do Coliseum.
14:00 a 16:30 Entrada o Domus: comida no picnic do Domus e visita ó museo .(Hai que levar comida)
16:30 a 18:30 Torre de Hércules, Parque de San Pedro.
18:30 Regreso ó IES LELIADOURA.
Chegada ás 20:00 aproximadamente .
PREZO SOCIOS: 10 €
PREZO NON SOCIOS: 13 €
Inscricións no teléfono 677733467 ou no correo-e: anpaleliadoura@gmail.com

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

Queda aberto o prazo para presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva.

A presentación de candidaturas estará aberta ata o día anterior á asemblea que queda fixada para o día 30 de novembro as 18:30.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA

ANPA SAN ROQUE
IES LELIADOURA
http://www.anpaleliadoura.blogspot.com
correo-e: anpaleliadoura@gmail.com
teléfono de contacto: 677733467
CONVOCATORIA ASEMBLEA
A XUNTA DIRECTIVA da ANPA SAN ROQUE convoca a todos os socios á asemblea que terá lugar o vindeiro mércores día 16 de novembro ás 18:30 na biblioteca do I.E.S LELIADOURA ca seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Estado de contas.
3. Renovación xunta directiva.
4. Recortes profesorado de apoio.
5. Federación anpas.
6. Actividades, viaxes e subvencións.
7. Rogos e preguntas.
Esperamos contar coa vosa asistencia.
Frions, 4 de novembro 2011

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

NOTA INFORMATIVA

A dirección do IES Leliadoura quere trasladar á comunidade educativa, medios de comunicación e á sociedade en xeral, as actuacións que mañá 11 de outubro se levarán a cabo por iniciativa de profesorado do centro e que se recollen na seguinte nota informativa:

“Profesores e Profesoras propoñemos mobilizarnos endefensa do Ensino Público. Para esto propoñemos as seguintes actuacións para o martes 11 de outubro:

  • Debatir nas aulas a importancia do ensino público e a incidencia dos actuais recortes orzamentarios que está acometendo a Administración.
  • Saída ao patio dez minutos antes das 11,30 do profesorado e alumnado que o desexe.
  • Lectura dun manifesto en defensa do ensino público (5 min). Proposta de seguir coas medidas de protesta (en coordinación cos demáis centros e anpas)
  • Esixencia do nomeamento de Profesor/a de PT necesario neste centro.
  • Colocación dunha pancarta alusiva.
  • Convidar ás ANPAS, pais, nais e medios de comunicación.
  • Seguir co recreo e co horario normal.


Saúdos


Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

RECORTES DO PROFESORADO APOIO

No IES Leliadoura temos alumnado con necesidades educativas especiais e adaptación curricular individualizada escolarizados nas aulas da ESO e que precisan de apoio de profesorado das especialidades de pedagoxía terapéutica (PT) e de audición e linguaxe (AL).

Desde sempre este centro contou con dous profesores de PT para realizar este apoio na ESO. Asemade desde 2006 abriuse unha aula especifica que escolariza a alumnado gravemente afectado. Este curso esta aula ten 4 usuarios (1 máis que o curso anterior), 3 alumnas e un alumno, e é atendida por dúas profesoras.

Este curso a Consellería de Educación asignou ao centro unha profesora de AL e unha única profesora de PT (en lugar das dúas coas que viñamos contando en cursos anteriores). Por isto, temporalmente e mentres a Consellería non asignara a segunda praza de PT, tomouse a decisión de que a aula específica tivera un horario atención máis reducido, de 10:00 a 13:00.

Despois de agardar durante o primeiro mes do curso por esta asignación pendente, a Administración Educativa informounos finalmente esta semana, e para a nosa sorpresa e indignación, de que esa segunda praza de PT non se vai cubrir durante este curso.

A principal consecuencia deste recorte será que no noso centro non dispoñamos de suficiente profesorado especializado para cubrir as necesidades do alumnado que máis dificultades ten no aprendizaxe. Por este motivo tamén, a Dirección do centro, oído o departamento de Orientación, tomou a decisión de voltar a ampliar co horario que lle corresponde a aula especifica en detrimento da atención do alumnado con outras necesidades educativas especiais escolarizados na ESO que non van poder ser atendidos no apoio e reforzo que necesitan.

Como segunda medida, a Dirección xunto co departamento de Orientación, queremos manifestar e difundir a nosa repulsa ante este último recorte da Administración, sobre todo cando desde a Consellería se informou durante todo o pasado mes de setembro que non habería recortes neste profesorado especializado (PT e AL). Neste sentido pódese citar literalmente a web da Consellería de Educación:

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garante a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención ao apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino co curso que comeza este mes de setembro.” (Máis información en http://www.edu.xunta.es/web/node/3148)

Unha vez informada a nosa comunidade educativa non se descartan futuras medidas contra o citado recorte. Por este motivo pregamos darlle a maior difusión posible a este escrito.

Moitas grazas pola vosa atención

Un saúdo



Óscar Núñez Aguado
Director do IES Leliadoura
ies.leliadoura@edu.xunta.es
981 87 46 33

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

CLUB LECTURA


DIARIO RUSO
Club de lectura : 5 de outubro no Ateneo do Praza ás 20:30 horas

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

BECAS MEC 2011 2012

http://www.educacion.gob.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/beca-general.html

Prazo de presentación ata o 30 de setembro

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

FESTA DE ENTROIDO

FESTA DE ENTROIDO

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

MESA REDONDA NARRATIVAS DIXITAIS

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario