LETRAS GALEGAS 2009 RAMON PIÑEIRO

Espectáculo ofrecido por Serafin Marcos sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro
“ruptura ou cambio
Neste espectáculo combínanse diversas técnicas e disciplinas que intentan desencadear no espectador unha serie de sensacións que o inviten a iniciar a reflexión sobre a gran influencia que tivo Ramón Piñeiro na historia recente do noso país. Trátase de espertar a inquedanza. Téntase abrir un porta que nos permita afondar no coñecemento da figura e a obra deste persoeiro. Recitado, dramatización, ritmo, música, símbolos. Todas son ferramentas que Serafín Marcos utiliza para cativar a atención do espectador.

Os textos de Marina Mayoral e Carlos Casares serven de introducción para achegarnos á vida e a obra de Ramón Piñeiro. A partir de aquí o espectáculo continúa con accións máis dinámicas e participativas que nos invitan a facer un percorrido polas circunstancias vitais deste persoeiro e os temas e as características máis sobranceiras da súa obra: os primeiros recordos da infancia, a Guerra Civil, a fundación da Editorial Galaxia, as reflexións filosóficas sobre a saudade, a lingua, a arte…

About anpasanroque

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Leliadoura, de Frións, en Ribeira (A Coruña).
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s